xoves, 29 de maio de 2014

TARDE MISIONEIRA


O luns 26 de maio dende as 15:30 ata as 17:30 toda a familia se solidarizou cos nenos e nenas de Camerún e o Congo gozando duns intres de convivencia e diversión na "Tarde Misioneira".



Durante a tarde leváronse a cabo diferentes actividades como:


  • Merenda 













  • Cantina      
  • Xogos
Xogo con aros

Baloncesto

Ping-pong

Carreira de garvanzos

Pesca milagrosa

Fútbol
  • Mercadillo

  • Maquillaxe de cara 
Batman

Gatiña

Spiderman

Doraemon

Canciño e bolboreta
Ratiña presumida

Tigre
  • Tatuaxes

  • Circuíto de Karts

  • Hinchables


  • Sorteo dunha rifa "Plan Fin de Semana"
Gañadora do sorteo "Plan Fin de Semana Casa Rural"

  

A partir das 19:00 horas estaba organizada pola AMPA a charla "El complicado binomio dinero y adolescentes. Educar en la responsabilidad".




ANDAINA SOLIDARIA


O venres 23 de maio ás 13:00 horas organizouse a tradicional "Andaina Solidaria" na que participaron pais, alumnos e profesores.

O donativo, ó igual que no Cross Misioneiro, era de 0.50€ por participante.

A continuación móstranse unha serie de imaxes que resumen o encontro.













Tódolos fondos recadados foron destinados á Campaña Misioneira "África 2014".




CROSS MISIONEIRO


O venres 23 de maio ás 11:30 levouse a cabo a tradicional carreira "Cross Misioneiro" na que, ano tras ano, o deporte se volve solidario.


Na carreira participaron tódolos alumnos do centro (pagando un donativo de 0.50€/inscripción) co fin de colaborar na Campaña Misioneira "África 2014".





















XOGUEMOS COA LINGUA


O xoves día 22 de maio ás 12:15 levouse a cabo nas aulas a actividade "Xoguemos coa lingua"


Dita actividade consistía na realización de xogos educativos para practicar grámática, ortografía, vocabulario... en castelán, galego e inglés.





Entra no Power Point que aparece na páxina do colexio para practicar.



FESTIVAL DE FIN DE CURSO "CREANDO ILUSIÓNS"



O mércores día 21 de maio do 2014, con motivo da celebración da Semana Cultural, levouse a cabo a realización do Festival de Fin do Curso 2013/2014  "Creando Ilusións" para o alumnado.

O traballo de alumnos e mestres, de cara ao festival de fin de curso, comezou semanas antes da posta en escena do mesmo. Cada grupo tivo que elixir unha película de Disney, unha banda sonora, vestiario, maquillaxe, preparar o baile e levar a cabo os ensaios.

Pero todo o traballo e o esforzo mereceu a pena... ¡¡Por fin chegou o día!!


Ás 12:00 comezaron a entrar no Salón de Actos tódolos alumnos do centro, pois o espectáculo tiña o seu comezo ás 12:15. Era o momento de disfrutar das actuacións e de adentrarse no mundo das ilusións.


"El Libro de la Selva" nenos de Ed. Infantil (3 anos)


"La Sirenita" nenos de Ed. Infantil (4 anos)


"Hércules" nenos de Ed. Infantil (5 anos)


"Aladdín" 1º Ed. Primaria


"Enredados" 2º Ed. Primaria


"High School Musical" 3º Ed. Primaria


"Teen Beach Movie" 4º Ed. Primaria


"La Bella y la Bestia" 5º Ed. Primaria


"Aladdín" 6º Ed. Primaria


"Mary Pooppins" 1º ESO


"Violetta" 2º ESO

"Brujas" 3º ESO


A presentación de cada actuación foi levada a cabo polos alumnos de 4º da ESO




Este mesmo día ás 19:00 horas tivo lugar o festival para os pais e nais dos alumnos de Educación Infantil e da ESO.

Ó día seguinte (xoves 22 de maio) ás 19:00 horas era o festival para as familias dos rapaces de Educación Primaria.


“Tódolos nosos soños poden facerse realidade se temos a coraxe de perseguilos.” Walt Disney



¡¡ISTO É TODO AMIGOS...!!
 Mis Saludos