xoves, 29 de maio de 2014

FESTIVAL DE FIN DE CURSO "CREANDO ILUSIÓNS"



O mércores día 21 de maio do 2014, con motivo da celebración da Semana Cultural, levouse a cabo a realización do Festival de Fin do Curso 2013/2014  "Creando Ilusións" para o alumnado.

O traballo de alumnos e mestres, de cara ao festival de fin de curso, comezou semanas antes da posta en escena do mesmo. Cada grupo tivo que elixir unha película de Disney, unha banda sonora, vestiario, maquillaxe, preparar o baile e levar a cabo os ensaios.

Pero todo o traballo e o esforzo mereceu a pena... ¡¡Por fin chegou o día!!


Ás 12:00 comezaron a entrar no Salón de Actos tódolos alumnos do centro, pois o espectáculo tiña o seu comezo ás 12:15. Era o momento de disfrutar das actuacións e de adentrarse no mundo das ilusións.


"El Libro de la Selva" nenos de Ed. Infantil (3 anos)


"La Sirenita" nenos de Ed. Infantil (4 anos)


"Hércules" nenos de Ed. Infantil (5 anos)


"Aladdín" 1º Ed. Primaria


"Enredados" 2º Ed. Primaria


"High School Musical" 3º Ed. Primaria


"Teen Beach Movie" 4º Ed. Primaria


"La Bella y la Bestia" 5º Ed. Primaria


"Aladdín" 6º Ed. Primaria


"Mary Pooppins" 1º ESO


"Violetta" 2º ESO

"Brujas" 3º ESO


A presentación de cada actuación foi levada a cabo polos alumnos de 4º da ESO




Este mesmo día ás 19:00 horas tivo lugar o festival para os pais e nais dos alumnos de Educación Infantil e da ESO.

Ó día seguinte (xoves 22 de maio) ás 19:00 horas era o festival para as familias dos rapaces de Educación Primaria.


“Tódolos nosos soños poden facerse realidade se temos a coraxe de perseguilos.” Walt Disney



¡¡ISTO É TODO AMIGOS...!!
 Mis Saludos

Ningún comentario:

Publicar un comentario