xoves, 29 de maio de 2014

CONCURSO DE CÁLCULO MENTAL


O martes día 20 de maio do 2014 tivo lugar no Salón de Actos do colexio o "VI Concurso de Cálculo Mental".

O concurso levouse a cabo en dúas quendas:

Ás 11:30 entraban no salón de actos os alumnos de Educación Secundaria para participar en dito concurso e co fin de que un dos participantes se proclamase como gañador.

As eliminatorias dos alumnos de Educación Secundaria constaban de 4 fases:
  • 1ª fase: 2 roldas de 8 alumnos. De cada rolda pasaron á seguinte fase 6 participantes.
  • 2ª fase: 2 roldas de 6 alumnos. Pasaron á semifinal 3 alumnos de cada rolda.
  • 3ª fase: semifinal. Constaba dunha única rolda de 6 alumnos. Deses 6 alumnos únicamente pasaron á rolda final 4 concursantes.
  • 4ª fase: rolda final. Desta fase saíron os tres finalistas.
Ás 12:00 procedeuse á entrega de diplomas aos alumnos de ESO.

O gañador do concurso nesta etapa educativa foi: Adrián Maceda (2º ESO)

Na imaxe vemos aos tres finalistas, con cadanseu diploma, acompañados da mestra.

 A encargada de entregarllelos diplomas foi Salomé, a mestra de matemáticas.







Ás 12:30, e tras rematar o Concurso de Cálculo Mental dos alumnos de Educación Secundaria, pasou a ocupar o Salón de Actos a segunda quenda de alumnos. Neste caso, os alumnos de Educación Primaria.

O concurso para os alumnos de primaria dividiuse en dúas partes. Primeiro participaron os nenos e nenas do 1º ciclo e despois os do 2º e 3º ciclo.

As eliminatorias do 1º ciclo constaban de 3 fases:
  • 1ª fase: Leváronse a cabo 2 roldas de 8 alumnos e de cada rolda pasaron 4 participantes á semifinal.
  • 2ª fase: semifinal. Nesta fase realizouse unha rolda de 8, pasando á final 4 alumnos.
  • 3ª fase: final. Desta última fase saíron os 3 finalistas. 
A gañadora do 1º ciclo de Educación Primaria foi: Claudia Torres (2ºEP)








Os últimos en pasar as probas eliminatorias do VI Concurso de Cálculo Mental foron os alumnos de 2º e 3º ciclo. A súa proba constaba de 4 fases:
  • 1ª fase: 2 roldas de 16 alumnos cada unha. De cada rolda pasan á seguinte fase 8 alumnos.
  • 2ª fase: Unha única rolda de 16 alumnos. Desta rolda quedan 8 alumnos para a semifinal.
  • 3ª fase: semifinal. Na semifinal faise unha rolda deses 8 alumnos, dos cales 4 pasarán a participar na rolda final.
  • 4ª fase: final. Elíxense aos 3 finalistas. 
O gañador do 2º e 3º ciclo de Educación Primaria foi Gabriel Almada (6º EP)

Ó redor das 13:45 horas os diplomas foron entregados ós finalistas da man de Javier, o director do centro.

Esta imaxe recolle o momento da entrega de diplomas aos alumnos de Educación Primaria



Ningún comentario:

Publicar un comentario